Apatacon_IES_Baio2

A campaña de sensibilización contra as violencias continúa nos centros educativos do Concello de Zas

Apatacón presentou esta mañá no IES de Maximino Romero de Lema de Baio o seu espectáculo “Por unha peseta” ao que asistiron 100 alumnos e alumnas do centro educativo baiés e do CPI de Zas

 

Despois da conmemoración do Día Intenacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas, que tivo lugar o pasado domingo 25 de novembro, o Concello de Zas continúa organizando actividades de sensibilización entre a veciñanza que se enmarcan no programa “En Negro contra as Violencias”.

Onte xoves, 29 de novembro, volveu a ser o turno dos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema e do CPI de Zas que asistiron ao espectáculo músico-teatral “Por unha peseta” de Apatacón; un grupo de recente creación formado por Vero Rilo e por Faia Díaz (ainda que hoxe a sustituíu Paula Romero). Cunha linguaxe que non deixou indiferente a ningún dos máis de 100 estudantes e cunha esencia propia, as dúas artistas contaron (e cantaron) varias historias sobre o valor das cousas e das pesetas en particular.

A actividade, coordinada polo Concello de Zas, realizouse a última hora da mañá na sala de Usos Múltiples do IES de Baio. Entre os espectadores estaba tamén o  Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, ademais de parte do profesorado do centro educativo de Baio e de Zas.

 

Outra das actividades que están programadas é o obradoiro “Escoita o meu son”, do programa “Quen dixo medo da Deputación da Coruña”, dirixido ao alumnado de 3º da ESO do IES de Baio e do CPI de Zas e que se desenvolverá no mes de xaneiro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.