curso_tecnoloxias_web_deputacion

Curso de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para a presentación de solicitudes para participar no curso FCD0210 “Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web” (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto) que está dirixido a xóvenes en situación de desemprego. 

A formación teórico- práctica realizarase,  nas instalacións que a empresa adxudicataria ten acreditadas en Arteixo, Asociación Agarimo, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral ( 510 horas de teoría e 80 horas de PNL).

O número de prazas para toda a provincia é de 15.

O prazo de inscrición péchase o próximo MERCORES 20 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas. 

A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

As persoas interesadas en participar neste curso deberán presentar no Concello de Zas a súa solicitude completamente cuberta e asinada, a cal poden solicitar no mesmo Concello. Xunto con ela deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Historial formativo e profesional cumprimentado e asinado pola persoa candidata
  • DNI por ambas as dúas caras,
  • Tarxeta ou documento que  acredite o número de afiliación á Seguridade Social
  • Certificado/volante actualizado de empadroamento, tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego)
  • Documento que acredite o requisito de acceso a certificados de profesionalidade de nivel 3
  • Documento de inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.