O 16 de xuño no Centro Socio-Cultural.
- Data: 16 de xuño
- Horario: 21.30 horas
- Lugar: Centro Socio-Cultural de Zas
Na clausura contarase coa presencia do Alcalde D.Manuel Muiño Espansandín e do Tenente de Alcalde D. Oscar Lema Romero que entregarán os diplomas ás persoas que participaron nos talleres de memoria e nos cursos de informática organizados por este concello.
A continuación haberá unha actuación dos integrantes do grupo de guitarra e unha exhibición de baile das parellas que formaron parte do grupo de bailes de salón.