carteltorres450

O Concello de Zas reanuda a actividade “Pazos da Terra”

As visitas teatralizadas gratuítas serán os domingos de xullo e agosto ás 19:30h

O Concello de Zas reanuda a actividade, a partires deste domingo 24 , “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas que terán lugar todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas.

Trátase dunha representación teatral de carácter didáctica e lúdica de 35 minutos de duración coa que os asistentes percorrerán este espazo tan emblemático do concello con máis de 500 anos de historia.

A compañía Os Quinquilláns encargarase de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo teatral aberto a todos os públicos no que visitantes e anfitrións percorrán tanto as estancias interiores como as exteriores do pazo onde terá lugar conflictos, contos e diálogos. 

Ésta é unha das actividades postas en marcha pola Concellería de Cultura dende que o concello de Zas xestiona as visitas e a difusión deste monumento turístico.

 

Horario de verán

Ata o vindeiro 15 de setembro, o edificio das Torres do Allo abre de luns a domingo en horario de 11 a 20 horas.

 

Para ampliar información podedes contactar con

Lucho Penabade (Os Quinquilláns): 981887781 – 629716923

Manuel García Velo (Concelleiro de Cultura de Zas): 670521212

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 Marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.