O grupo de teatro Badius de Baio é o encargado de abrir a programación de Nadal no Concello de Zas, e vaino facer este sábado 11 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio do Concello.
Badius representará a obra “¡Xoo…ante o perigo!”, unha particular adaptación do filme “Solo ante el peligro” .