O Centro de Información á Muller do Concello de Zas organizou un curso de novas tecnoloxías e busca de emprego, cunha duración de 45 horas, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade a Xunta de Galicia, no que participaron 15 mulleres desempregadas.
Esta acción formativa tivo lugar na Aula Municipal de Informática e tiña como obxectivo proporcionar as persoas asistentes a adquisición de habilidades en novas tecnoloxías, e que esta ferramenta lles sirva as alumnas para a busca de emprego a través de internet.
As mulleres participantes recibiron formación en coñecementos básicos de internet, manexo do correo electrónico, mensaxería na rede, administración electrónica, busca activa de emprego e políticas de igualdade.