CHEGA A ZAS A EXPOSICIÓN `CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA´

O vindeiro venres 13 de novembro ás 20:00 h inaugurarase no Centro Sociocultural de Zas a exposición ?Crónicas da represión lingüística?. O acto contará coa presenza do deputado provincial da Área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, Xoán Manuel Sande Muñiz, do alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño e do comisario da exposición, Xan Leira.

A EXPOSICIÓN

Esta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade a represión implementada no noso país, onde a nosa lingua foi, tamén, un obxectivo dese accionar represivo.

A construción narrativa do traballo expositivo, tanto no aspecto textual, gráfico e audiovisual, está baseado en pequenos relatos de historias de vida de persoas que padeceron ao longo destes dilatados anos da ditadura, a represión lingüística, psicolóxica, social e incluso económica, derivada desta perversa e obsesiva práctica represiva.

A participación de investigadores e estudosos engade o rigor científico necesario para afondar noutros aspectos desta represión lingüística que proxecta a súa longa sombra até os nosos días.

Crónicas da Represión Lingüística fundamenta a sistematoloxía represiva desatada contra a lingua e a sociedade galega e como esta acción repercute na vida íntima e social das persoas sometidas ao silencio, á humillación, á frustración, en síntese, á falla de autoestima individual e colectiva do noso pobo.

O proxecto está construído a través das opinións de estudosos do tema lingüístico e das experiencias de persoas que sufriron este tipo perverso de represión psicolóxica, entre as que podemos salientar: Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, Manuel Fernández Cid, Francisco Fernández del Riego, Agustín Fernández Paz, Raimundo García Domínguez, Xaime lsla Couto, Avelino Pousa Antelo, Elixio Rodríguez Domínguez, Bernardo Souto e Elvira Varela Bao entre moitos outros…

Esta exposición gráfica e audiovisual sobre a represión lingüística en Galicia a partir de 1936 que conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña comezou o seu periplo en Carballo e até o mes de xaneiro percorrerá distintos concellos da provincia.

AS DATAS E OS HORARIOS

Estará aberta ao público no Centro Social de Zas ata o 30 de novembro, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.