ZAS ACOLLE A ESTREA DO FILME “FRÍO”

O Concello de Zas acolle a proxección do filme “Frío”, participando deste xeito na súa estrea simultánea. A cita é o venres 9 de xaneiro ás 21.00 horas, no Auditorio do Concello.

Frío é un drama policial dirixido por Román Gutiérrez da Silva (Lalín, 1971) e interpretado por Xoque Carvajal e Tzeitel Rodríguez. Filmado en localizacións de Santiago, O Grove e Caminha (Portugal), Frío é unha historia de traizóns e corrupcións con elementos de cine negro.

A proxección oficial terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela e, ao mesmo tempo, poderá verse en máis de cincuenta concellos galegos en coordinación con CINEMAS DIXITAIS e impulsada por A PRODUCTORA MORTA (firma independente responsable de títulos como “O don da dúbida”) co obxectivo de dar a coñecer ao gran público un cine galego que aspira a conciliar calidade narrativa e vocación industrial.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.