zas-programa-madrugadores-2025-2026

O Concello de Zas pon en marcha o Programa Madrugadores que comeza o vindeiro 8 de setembro

Este é un servizo que se lles ofrece ás familias do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas

Por terceiro ano, o Concello de Zas – coa colaboración das ANPAs – pon en marcha o programa de Madrugadores para o curso académico 2025-2026 co se pretende facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza. Este é un servizo dirixido ao alumnado do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas para que as familias teñan a opción de que os seus fillos/as entren no centro antes do inicio das clases. O servizo prestarase desde o vindeiro 8 de setembro, coincidindo co inicio das clases, até final de curso.

Este é un servizo que se ofrece os días lectivos en horario de 07:30 a 09:30 horas, sendo as 09:00 horas a última hora de entrada. Tamén cabe a posibilidade de almorzar durante este tempo e, neste caso, terán que levar o almorzo da casa ao igual que o fan coa merenda do recreo. Os nenos e nenas serán atendidos por persoal cualificado que estará financiado polo Concello de Zas.

O servizo de Madrugadores pódese usar de forma continuada (o curso completo); temporal (por meses ou semanas); ou de xeito ocasional (un ou varios días concretos). Para as familias, este servizo ten un custo de 20€ ao mes e aplicaranse reducións para o 2º fillo/a e seguintes e para as familias monoparentais. 

Inscricións

Ao igual que no curso anterior, para a posta en marcha do programa Madrugadores será necesario que haxa un mínimo de alumnado usuario.

No caso do CPI de Zas, as familias que desexen facer uso deste servizo deberán poñerse en contacto co Concello de Zas (981 70 83 03). 

Mentres que as familias do CEIP Labarta Pose deberán comunicalo no enderezo electrónico anpalabartapose@gmail.com ou a través do número de whatsapp 697 505 999.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.