obras-garderia-infantil-zas-scaled-1

O Concello de Zas ten aberto o proceso de contratación de catro grandes obras que suman un total de 554.610,62 euros

Unha das de maior importe é a renovación do céspede artificial e dos equipamentos deportivos do campo municipal Platas Reinoso

 

O Concello de Zas ten previsto realizar nos vindeiros meses catro grandes obras que suman un total de 554.610,62 euros e que a día de hoxe están en proceso de licitación.

Un destes proxectos de maior importe é a substitución do céspede artificial e dos equipamentos deportivos do campo municipal Platas Reinoso de Baio. O Concello de Zas ten previsto destinar a estes traballos 264.905,89€. Segundo o informe técnico e atendendo ás queixas das persoas usuarias, a herba artificial existente que se instalou a finais do 2007 atópase en mal estado causando lesións e mala xogabilidade. Este é un campo que utiliza habitualmente o CD Baio así como as Escolas Deportivas do Concello de Zas e tamén outras agrupacións deportivas como árbitros, escola de porteiros, escolas do RCD da Coruña, seleccións da Costa,…

Outra das obras que está en proceso de licitación é a mellora da capa de rodadura no acceso a Meanos, á que se destinarán 97.121,86€. Os traballos consisten principalmente na aplicación dunha capa de aglomerado. 

Nas vindeiras semanas tamén se poñerá en marcha un dos proxectos pioneiros na comarca; o Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte que se situará na parroquia de Lamas, concretamente no Parque Empresarial de O Allo. E para iso xa está na fase de avaliación a licitación da redacción do plan parcial que deberá completarse nun prazo de 12 meses e que require de diversos informes sectoriais da Xunta antes da súa aprobación definitiva. O Concello de Zas destina un total de 96.800 euros á redacción deste plan parcial.  

E outra das inversións que realizará o Concello de Zas proximamente será a renovación da cuberta do pavillón municipal de Baio á que se destinará 95.782,87€. Estas obras daranlle solución á problemática actual de filtración de auga e permitirán garantir un servizo óptimo. Estes traballos súmanse á reforma realizada no ano 2020 nestas instalacións coas que se melloraron a accesibilidade e a salubridade e permitiron crear un espazo para o ximnasio municipal. 

Melloras na gardería municipal

Estas semanas tamén se están levando a cabo os traballos de mellora do interior e do exterior do edificio da Escola Infantil de Zas, incluída na rede pública da Galiña Azul. Os traballos que se están a realizar actualmente teñen como obxectivo principal a mellora da eficiencia enerxética coas que se mellorarán tamén o confort e a habitabilidade do mesmo.

As obras, que comezaron no mes de agosto (aproveitando que o centro estivo pechado polas vacacións de verán) e que continuarán durante as vindeiras semanas, consistiron principalmente na renovación das fachadas – que se aillaron co sistema SATE -, da carpintería metálica e da cuberta. Ademáis instalouse un sistema de calefacción aerotérmico co que se reducirá notablemente o consumo enerxético do edificio e gañarase en confort.

O Concello de Zas destinou un total de 231.213,71€ a estes traballos e que se suman os traballos realizados no anos 2022 que permitiron aumentar o número de plazas coa creación de novos espazos (tales como unha cociña) e a instalación dun ascensor. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.