Brandomil

Parroquia de Brandomil no Concello de Zas

Con nome de orixe celta (case con seguridade segundo os últimos estudos) e situada ao sueste do concello, á beira do río Xallas, confórmana os lugares de Acalabanda, Brandomil, A Lagoa, Limideiro, Padreiro, Pudenza e Quintáns.

Con 246 habitantes en 2016, conta con xacementos arqueolóxicos de gran relevancia entre os que destacan: varios castros, a Ponte Vella situada sobre o río Xallas (que probablemente data do século XVI, aínda que sobre unha base romana) e unha posible vía romana que iría entre Brandomil e Brigantium (A Coruña) xunto cun asentamento tamén desta época situado baixo o actual lugar de Brandomil e no cal se atoparon numerosos elementos arquitectónicos (reutilizados pola veciñanza para as súas construcións) ademais de numerosos gravados, restos cerámicos, vidros e pezas metálicas.

O período de ocupación, parece que foi prolongado: os vestixios romanos van do séc. I ao IV, pero o abano podería ser máis amplo.

Tras as prospeccións e escavacións que se levaron a cabo en 2007 por Naveiro López revalorizouse en gran medida a relevancia histórica do xacemento, converténdose nun dos máis importantes da provincia da Coruña, tras a propia Coruña, Iria/Padrón e Ciadella (Naveiro, 2008).

A aldea de Brandomil serviu ao poeta galego Eduardo Pondal para poñerlle nome ao heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos.

1mapa brandomil

Máis info sobre Brandomil

Galería de fotos de Brandomil

Festas en Brandomil

  • Segundo domingo de xuño, San Antonio
  • 29 de xuño, o patrón San Pedro e San Paulo
  • 30 de xuño, o Sacramento
  • 29 de setembro, San Miguel

Localización da parroquia de Brandomil

As parroquias do Concello de Zas

O Concello de Zas está composto por 16 parroquias que conservan a esencia da vida rural galega. Cada unha delas achega tradicións, patrimonio e paisaxe, formando un mosaico diverso que dá identidade e riqueza cultural ao municipio.

Agradecemento especial a Xosé María Lema e Evaristo Dominguez, autores do libro “Zas Polo Miúdo” do cal se extraxeron os textos para realizar os textos de cada unha das parroquias do Concello de Zas.

  • Zas

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.