Semana Cultural Zas 2025

Xa case está aquí a Semana Cultural de Zas

Xa case está aquí a Semana Cultural de Zas

Xa temos todo preparado para poñer en marcha unha nova Semana Cultural  organizada polo Concello de Zas e que lle dará paso á 40ª edición da Festa da Carballeira, que se celebra o 8 e 9 de agosto.

“Un ano máis organizamos unha potente Semana Cultural con actividades culturais e de ocio de primeiro nivel e para todos os gustos”, sinala o Alcalde, Manuel Muíño. Esta Semana Cultural está adicada ás Cantareiras, as homenaxeadas no Día das Letras Galegas, con varias actividades que xiran ao redor desta temática. E coma sempre haberá actividades infantís, para adultos, a tradicional andaina nocturna, exposicións, presentacións de libros, actuacións musicais, teatro, monólogo e un espazo especial adicado aos Premios Fouciño. O Centro Sociocultural de Zas -CSC- será un dos puntos centrais de toda a programación que vos debullamos a continuación:

Luns, 4 de agosto

  • 12:00 horas: Obradoiro infantil de Danza Urbana con Noa Martínez, de Punto Cero. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 17:00 horas: Obradoiro infantil “Puntadas divertidas”, con Ana Trasariz. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 17:30 horas: Demostración de cociña sen lume da man de Dani Santos. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 20:00 horas: Presentacion do libro “Pandereteiras” con Icía Varela, Xosé Manuel Varela e Nerea Gómez no CSC de Zas.
  • 21:00 horas: Andaina nocturna cun roteiro polo patrimonio histórico de Zas que rematará cunha observación sobre astronomía cultural guiada por Antón Bouzas (biólogo, paisaxista e experto en astronomía cultural). O punto de saída é a Praza do Concello de Zas. Para asistir é necesario anotarse previamente e o número de prazas está limitado.

Martes, 5 de agosto

  • 12:00 horas: Obradoiro infantil de maxia e globofexia da man de 2 Minds Combined. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 12:00 horas: Presentación do certame 2025 dos Premios Fouciños que terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Zas.
  • 17:00 horas: Obradoiro infantil de cociña saudable con ComeBen. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 19:00 horas: Contabebés “Tralará” con Marta Ortiz dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. CSC de Zas.
  • 20:30 horas: Espazo Fouciño coa proxección das curtas gañadoras na edición do 2024. CSC de Zas. 
  • 22:00 horas: Concerto no Campo do Río con Abril Trío.

Mércores, 6 de agosto

  • 12:00 horas: Obradoiro infantil de Danza Urbana con Noa Martínez, de Punto Cero. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 17:00 horas: Obradoiro infantil “Puntadas divertidas”, con Ana Trasariz. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 19:00 horas: Proxección do documental “Lévame a idea” coa intervención da regueifeira Lupe Blanco. CSC de Zas.
  • 21:00 horas: Monólogo no CSC de Zas con Leti da Taberna que leva por título “Enredada”. 

Xoves, 7 de agosto

  • 12:00 horas: Espectáculo infantil no CSC de Zas con Malasombra Teatro; “As peripecias de Xurxo”.
  • 17:00 horas: Obradoiro infantil de cociña ComeBen (Con inscrición previa).
  • 18:00 horas: Obradoiro para adultos “Arte en Cera”, con A Mesa Coqueta. (Con inscrición previa).
  • 19:00 horas: “A pandeireta no tempo”. Encontro interxeracional no CSC de Zas cun faladoiro coas Padereteiras do Couto e Eloy Blanco.
  • 20:30 horas: Actuación de Teté Teato no CSC de Zas.
  • 21:00 horas: Actuación das pandereteiras “As Xaviñanas” no CSC de Zas.

Venres, 8 de agosto

  • 12:00 horas: Obradoiro infantil de Danza Urbana con Noa Martínez, de Punto Cero. CSC de Zas. (Con inscrición previa).
  • 18:30 horas: Obradoiro para adultos “Arte en cera”, con A Mesa Coqueta. (Con inscrición previa).

Exposicións e inscricicións

Ademais de toda a programación durante toda a semana teremos estas dúas exposicións no Centro Sociocultural de Zas que se poderá ver das 17.00 ás 20:00 horas:

  • Restauración de mobles e bordado cos traballos realizados polo alumnado dos cursos municipiais.
  • “40 anos de Carballeira”.

Durante toda a Semana Cultural estarán expostos na Praza do Concello os cartazes de todas as edicións da Festa da Carballeira.

Todas as persoas interesadas en participar nalgunha das actividades que require inscrición previa xa pode anotarse chamando a calquera destes números de teléfono: 981 751 398 / 981 718 056.

Semana Cultural Zas
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 Xaneiro, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.