CARBALLEIRA

Baio prepárase para a Festa da Carballeira que se celebra o domingo 29 de xuño

Co fin de preservar este espazo natural e de manter o bo ambiente non se poderá aparcar no recinto, facer lume no chan, poñer equipos musicais nin instalar carpas O Concello de Zas organiza esta festa, coa colaboración da Comisión de Festas de Baio e da Asociación Cultural Adro, que este ano estrea un deseño renovado

 

Como marca a tradición, o último domingo do mes de xuño, que este ano será o día 29, celébrase a Festa da Carballeira de Baio; unha das festas cun gran espíritu familiar e tradicional que ten lugar nun espazo único e incluído dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Por este motivo, dende a organización – que corre a cargo do Concello de Zas coa colaboración da Comisión de Festas de Baio e da Asociación Cultural Adro – lembramos a importancia de entre todos preservar o lugar evitando prácticas que danen a contorna. Por ese motivo prohíbese entrar cos coches no recinto e estacionar nel, facer lume no chan, instalar carpas pechas e poñer equipos musicais. 

Unha das novidades deste ano é a imaxe do cartel e das camisetas, que xa están a venda no Bar Trébol, en Casa Rogelio e na Cervecería Río Grande; é que estrean unha imaxe totalmente renovada formada por un mapa cos lugares máis relevantes incluídos dentro do Carreiro do Río.

Coma sempre, será un día cargado de reencontros, de merendas familiares e de moita animación. A música comezará a soar a partir das 12:00 horas da man do grupo de gaitas da Asociación Cultural Adro. DJ Expósito, Dúo La Mekanica e o Dúo Son 2 encargaranse de animar a sesión vermú e a verbena. E pola tarde a Charanga Noroeste levará a súa música polas mesas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...