Zas-campamentos-veran2025

Volven os campamentos de verán cheos de actividades para a rapazada

O Concello de Zas vén de dar a coñecer o programa dos campamantos para as vacacións estivais no que se mistura ocio e conciliación familiar

Xa está aquí o programa coas diferentes actividades de verán para a rapazada organizado polo Concello de Zas; unha proposta na que se mistura o ocio coa conciliación familiar. 

Ao igual que todos os anos, realizaremos os campamentos de verán nas Torres do Allo con cinco quendas diferentes. Están dirixidos á rapazada de entre 3 e 12 anos e serán de 10:00 a 14.00 horas cun custo de 15€ por persoa; uns dos máis económicos da zona. O Concello tamén ofrece a posibilidade de madrugadores, de 08:45 a 10:00 horas, cun custe de 10€ por persoa que se levará a cabo sempre e cando haxa un mínimo de usuarios/as.

Haberá quendas do 23 de xuño ao 4 de xullo; do 7 ao 22 de xullo; do 23 de xullo ao 6 de agosto; do 8 ao 22 de agosto e última quenda do 25 de agosto ao 5 de setembro.

Na oferta de actividades para o verán tamén se inclúen estas outras opcións:

Campamento Multideportivo

Celebrase do 30 de xuño ó 11 de xullo en dúas quendas, unha no Polideportivo de Baio e outra no de Zas, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Neste campamento a rapazada participará en diferentes xincanas deportivas e torneos, e practicarán deportes como o atletismo, o tenis de mes, bádminton,… entre outros. 

Ten un custo de 15€ por persoa e as inscricións poden realizarase ata o 25 de xuño. Está dirixido á rapazada de 8 a 14 anos.

Campamento Dixital

Entre o 21 de xullo e o 4 de agosto realizaremos un campamento dixital na que os participantes adquirirán coñecementos en diferentes competencias dixitais (uso de palabras clave, creación de contidos, riscos e seguridade na Internet,…). 

Esta é unha actividade gratuíta dirixia á rapaza de 9 a 14 anos e será de 10:00 a 13:00 horas.

DeporCampus

Ao igual que nos últimos anos, o noso concello será de novo unha das sedes do DeporCampus. Esta edición celebrarase do 28 de xullo ao 1 de agosto no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio e as inscricións poden realizarse ata o 22 de xullo en deporcampus.rcdeportivo.es/gl/zas-2025/inicio

Máis info e inscricións

A persoas interesadas en ampliar información sobre algunha das actividades ou anotarse poden facelo no Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio ou ben a través dos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056.

O Alcalde, Manuel Muíño, destaca que este é un ambicioso programa co que se pretende facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.