CIM-Zas1

O CIM do Concello de Zas atendeu máis de 120 mulleres durante o 2024

O Centro de Informacion á Muller – CIM –  do Concello de Zas que proporcionaa servizo aos municipios de Vimianzo, Laxe, Ponteceso e Cabana de Bergantiños atendeu durante o ano pasado máis de 120 mulleres de diferentes idades. A esta cifra hai que sumarlle o número de consultas recibidas, tanto por vía teléfonica como de forma presencial, sobre diferentes aspectos.

O Concello de Zas, a traves do CIM, leva 24 anos ofrecendo asesoramento xurídico e psicolóxico ás mulleres da comarca. Segundo sinala a Directora do CIM, Carmen Espasandín, durante o 2024 aumentou de forma considerable o número de mulleres que solicitaron asesoramento en dereito de familia que abarca información relacionada con divorcios, pensións alimenticias e uso da vivenda. Destaca tamén que no último ano medraron as solicitudes e xustiza gratuíta así como o asesoramento psicolóxico. En canto consultas relacionadas co traballo, a maior parte das usuarias solicitaron información sobre despidos, finiquitos, vacacións e permisos remunerados.

Ademáis deste servizo gratuíto de asesoramento, o Goberno Municipal de Zas – a través do CIM – organiza ao longo de todo o ano diferentes actividades co fin de promover a igualdade entre sexos e loitar contra as violencias. Entre elas están os programas específicos que elabora con motivo do 8M, Día Internacional da Muller; do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres; e outros de carácter anual como os Talleres de Memoria e as actividades para persoas adultas (ximnaxia terapéutica, ioga, pilates, cesteiría, manualidades,…). No 2024 organizou por primeira vez un curso de regulación emocional, pioneiro na zona.

“O CIM cumple un papel fundamental como trasmisor das políticas deste goberno na loita contra as violencias e na educacion da nosa mocidade na igualdade entre sexos e o respecto as diferenzas”; destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Onde está situado?

O CIM de Zas é un servizo gratuíto para a veciñanza que está financiado polo Concello de Zas. O Centro está situado no antigo edificio da Cámara Agraria de Zas e o horario de atención ao público é de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. Tamén atenden vía telefónica a través do número 981 70 83 03.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...