Cabalgata-Reis-Magos-2025

En Zas xa temos todo preparado para a visita dos Reis Magos que percorrerán o noso municipio en dous días

En Zas xa temos todo preparado para a visita dos Reis Magos! Se a climatoloxía o permite, percorrerán como vén sendo habitual a práctica totalidade dos núcleos de poboación que forman o noso municipio. E para iso necesitarán dous días. Está previsto que cheguen a Zas o sábado poloa mañá e dende aí comezarán o seu recorrido nunhas coloridas carrozas nas que estarán acompañados polos seus paxes. 

Este é o seu itinerario e horarios:

Sábado, 4 de xaneiro

  • De 10:00 a 14:00 horas: San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Currais, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía, Meanos
  • De 15:00 a 18:30 horas: Roma, Rus, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos, Quintáns, Andregalla, Penedo, Vilachán, Gomarís, Lamas

Domingo, 5 de Xaneiro

  • De 10:00 a 14:00 horas: Vilar do Mato, A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramilo, Parga, Budián, O Sisto, Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados, O Pombal, Fornelos

Recepcións reais en Baio e en Zas

As SS. MM. Os Reis Magos rematarán a súa visita coas tradicionais recepcións reais. Xusto antes, acompados da súa comitiva, recorrerán as rúas de Baio (a partir das 18:00 horas) e as de Zas (18:45 horas). Logo irán para a Praza Jorge Mira e para a Praza do concello, respectivamente, onde todos os nenos e nenas que o desexen poderán facerlle as súas peticións. Animaremos o ambiente con espectáculos infantís; en Baio actuará o Mago Noel mentras que en Zas contaremos coa actuación de Peter Punk.

E tanto en Baio como en Zas repartiremos chocolate con churros para todos e todas! 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...