presentacion-xornada-co-lino-cos-tempos

As Torres do Allo acollen o vindeiro 21 de setembro a xornada “Co liño e cos tempos”

Haberá relatorios, un desfile con prendas de liño e degustación de diferentes viandas que se facían tradicionalmente durante os fiadeiros

Esta mañá presentouse nas Torres do Allo a xornada “Co liño e cos tempos” que terá lugar o vindeiro 21 de setembro a partir das 17:00 horas no xardín das Torres do Allo. 

Manuel Muíño, en calidade de Alcalde de Zas e tamén representando á Deputación da Coruña, foi o encargado de presentar estas xornadas organizadas pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Zas, da Universidade da Coruña e da Asociación “Amigos do Liño”. O rexedor recalcou a importancia que ten este evento para o municipio e animou a toda a veciñanza a asistir. Na xornada haberá diferentes relatorios impartidos por expertos universitarios que analizarán o liño dende diferentes puntos de vista. Tamén haberá un desfile de prendas de liño, unha pequena parodia teatral, unha actuación musical e pecharanse cunha degustación de viandas que se facían tradicionalmente durante os fiadeiros. Pola súa banda, Carmen Riveiro, Presidenta da Asociación Amigos do Liño; debullou o programa desta xornada e recordou que a entidade que preside leva 31 anos organizando un evento ao redor do liño  cun formato que, tal e como sinalou o Alcalde, “foi evolucionando cos tempos”. 

Durante a presentación tamén interviu Braulio Pérez Astray, doutor en Economía Aplicada e Director adxunto da Fundación Universidade da Coruña; quen destacou a importancia deste evento para toda a sociedade.   

Inscricións

Para asistir á xornada, que é totalmente gratuíto, é necesario anotarse previamente en calquera dos números de teléfono 696 268 923, 665 055 101 ou no 981 71 80 56. O prazo remata o 15 de setembro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.