licitacion-obras-melloras-concellodezas

O Concello de Zas inicia a licitación de distintas obras de mellora que suman máis de 700.000€

Estes traballos súmanse ao plan de conservación das estradas e infraestruturas municipais

 

O Concello de Zas vén iniciar o procedemento de contratación de varias obras de mellora que se realizarán nos vindeiros meses en diferentes puntos do municipio que en total suman un importe de 721.929,08€.

Segundo o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, “trátase dun importante investimento para un concello de menos de 5.000 habitantes como é o noso”. Todos os traballos forman parte do plan de conservación e mellora das estradas e infraestructuras de titularidade municipal. Estas son as obras que se licitarán brevemente ou que xa están licitadas:

  • Reparación das fachadas do Centro Sociocultural de Baio (93.782,52€ + IVE)
  • Ampliación da Ponte de O Allo (134.533,74€ + IVE)
  • Rede de saneamento de Rial de Abaixo (48.434,54€ + IVE)
  • Mellora de camiños da concentración parcelaria situados en Brandoñas, Marán e Andragalla (145.052,97€+ IVE)
  • Adecuación de bordo da estrada DP-9304 entre o núcleo urbano de Zas e o núcleo rural de Ventoselo (101.355,14€+ IVE)
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...