piscina-municipal-zas

As piscinas municipais de Zas e Baio abren este domingo as súas portas

As persoas interesadas en facer uso das instalacións durante a campaña de verán xa poden facer o seu carné no Rexistro do Concello de Zas

 

Xa temos todo preparado para unha nova campaña das piscinas municipais de Zas e de Baio que abrirán as súas portas ao público este domingo, 30 de xuño, despois de que a brigada de obras municipal realizara diversos traballos de mantemento e posta a punto. 

Dende hoxe todas aquelas persoas que desexen facer uso das piscinas durante todo o verán xa poden facer o seu carné de usuario/a das piscinas municipais do Concello de Zas. O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para a rapazada de ata 14 anos e de 12 euros para os maiores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores. Calquera destes trámites débense de realizar no Rexistro do Concello de Zas, en horario de luns a venres de 08:00 a 13:00 horas. 

Todas aquelas persoas que non dispoñan do carné da piscina poden facer igualmente uso das instalacións e poderán elixir calquera das seguintes cuotas:

  • Entrada diaria: 0,60€
  • Abono semanal: 3,00€
  • Abono quincenal: 6,00€
  • Abono mensual: 9,00€

Aos menores de 14 anos e aos posuidores do Carné Xove aplicaráselle un desconto do 50% sobre os prezos anteriormente sinalados. 

Cursos de natación

Ao igual que nos anos anteriores, durante os meses de xullo e agosto ofertaremos cursos de natación gratuítos para todas as idades.

Calendario de apertura

A continuación podes consultar o calendario de apertura da piscina municipal de Zas e da piscina municipal de Baio.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.