programa-madrugadores-ceip-labarta-pose-baio

O vindeiro 2 de outubro ponse en marcha o programa de Madrugadores

O horario do servizo é de 8:00 a 09:30 horas e os nenos e nenas estarán atendidos por unha monitora

 

O vindeiro 2 de outubro porase en marcha o programa de Madrugadores no CEIP Labarta Pose de Baio onde se admitiron todas as solicitudes presentadas polas familias. Sete nenos e nenas farán uso durante todo o curso académico deste novo servizo, impulsado polo equipo de Goberno Municipal en colaboración coa Anpa do centro. As familias que o desexen tamén poderán usalo de forma puntual en función das súas necesidades.

Para o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, “este novo servizo contribúe a conciliar a vida laboral e familiar da nosa veciñanza e súmase a outras iniciativas impulsadas polo noso equipo de goberno como é a bolsa de estudos”. Precisamente esta semana, o rexedor e Concelleira de Educación de Concello de Zas, Pilar García, mantiveron unha reunión coa Directora do CEIP Labarta Pose, Sinda Cundíns; e con Marta Rey, representante da Anpa; co fin de abordar as principais cuestións para a posta en funcionamento deste programa. 

No CPI de Zas non se acadou o número mínimo de solicitudes para poñer este servizo en marcha, xa que tan só houbo tres. 

En que consiste o Programa Madrugadores?

  • O servizo préstase durante o período escolar (dende o 2 de outubro ata final de curso) e consiste en recoller aos nenos e nenas no centro de ensino antes do inicio das clases
  • Unha monitora atenderá o alumnado
  • O horario do servizo é de 08:00 a 09:30 horas, sendo a última entrada antes das 09:00 horas
  • O alumnado que desexe almorzar nese tempo pode facelo e deberá levar o seu propio almorzo
  • As familias poden facer uso deste servizo durante todo o curso académico ou de forma puntual
  • A maior parte do servizo está financiado polo Concello de Zas
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 Maio, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...