colector-tapons-plastico-centro-sociocultural-zas

Instalados dous colectores para a recollida de tapóns de plástico en Baio e en Zas

Ademais de promover a sustentibilidade e o coidado do noso medio, este xesto ten un fin social xa que se destinarán a A.S.E.R.; unha entidade que dá soporte financeirio a investigación de enfermidades raras en nenos e nenas

Esta mañá quedaron instalados os colectores para tapóns de plástico na Praza Jorge Mira Pérez de Baio e nas inmediacións no Centro Sociocultural de Zas que se suman aos que xa hai nos tres centros de ensino do noso muncipio, nos Centros Socioculturais e na propia Casa do Concello.

Ademais de ser un acto sustentable e de coidado do noso medio, os tapóns teñen un fin social xa que se destinarán a A.S.E.R. – Ayuda a Superar Enfermedades Raras – que axuda e da soporte financieiro á investigación de enfermidades raras en nenos e nenas.

Estes son os diferentes materiais que se poden despositar nos colectores: tapóns de frascos de desodorante, tapas de botes e de tetrabrick, tapóns de botellas de plástico,… Os tapóns deben depositarse no interior dos colectores. Dende o Concello de Zas agradecemos de antemán a colaboración de toda a veciñanza tan solidario e que axuda a coidar do noso medio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 Marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.