8M2023-ConcelloZas

O Concello de Zas celebra o Día Internacional da Muller cun programa de actividades dirixidas principalmente aos máis novos

Mañá terá lugar no CPI de Zas unha xornada creativa para o alumnano de educación primaria que leva por título “As mulleres que nos constrúen”

 

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 marzo, o Concello de Zas vén de deseñar un programa de actividades nas que os máis novos serán os protagonistas.

A programación arranca mañá cunhas xornadas creativas dirixidas ao alumnado de educación primaria. “As mulleres que nos constrúen” é o título da sesión impartida por Tarabela Creativa e que se celebrará mañá no CPI de Zas e o  martes no CEIP Labarta Pose.

A seguinte actividade son uns “Obradoiros de xénero e medios de comunicación” dos que se encargarán de impartir membros da asociación Agareso. Serán o día 8 de marzo no CPI de Zas e o día 10 no IES Maximino Romero de Lema.

Entre os meses de marzo e abril, realizaremos unha xornadas a prol dos dereitos laborais das mulleres, especialmente para as coidadoras e traballadoras do fogar. Estes “Circuitos de Obradoiros 8M” serán impartidos pola Asociación Arabías a través da Deputación da Coruña.

E como vén sendo habitual, o propio Día Internacional da Muller o Centro de Información á Muller – CIM – de Zas emitirá un manifesto que se publicará na páxina web do Concello de Zas e nas redes sociais municipais. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.