Entroido_Zas_2020

Un concurso de disfraces con case 1.200 euros en premios, obradoiros infantís, filloas á pedra e moito máis para celebrar o Entroido en Zas

O 25 de febreiro, martes de Entroido, faremos unha gran festa no pavillón municipal de Zas

En Zas xa temos todo preparado para celebrar unha das festas máis tradicionais: o Entroido. E farémolo cun programa de actividades no que teñen cabida todos os públicos. 

As actividades arracarán cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 24 e 25 de febreiro nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio entre as 11:00 e as 13:00 horas. Os talleres, que son gratuítos, están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos e para participar é necesario inscribirse previamente no número de teléfono 981 751 398 ou no 981 718 056.

A outra actividade que completa o programa de actividades artellado polo Concello de Zas terá lugar o propio martes de Entroido (25 de febreiro) pola tarde. A partir das 16:00 horas comezarán as actividades no pavillón municipal de Zas con pintacaras, xogos e inchables para que os máis novos da casa desfruten desta gran festa. Un pouco máis tarde, a partir das 19:00 horas, comezarán o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán centos de filloas á pedra entre todos os asistentes e un total de 1.170 euros en premios que se distribuirán da seguinte maneira:

Categoría A (de 0 a 5 anos)

  • 1º premio: 80€
  • 2º premio: 60€
  • 3º premio: 40€

Categoría B (de 6 a 14 anos)

  • 1º premio: 80€
  • 2º premio: 60€
  • 3º premio:  40€

Categoría C (maiores de 15 anos)

  • 1º premio: 150€ 
  • 2º premio: 80€
  • 3º premio:  50€

Categoría D (grupos ou comparsas)

  • 1º premio: 200€
  • 2º premio: 150€
  • 3º premio:  100€

Tamén haberá un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro”. O xurado estará composto por membros do Concello de Zas e tres membros pertences a algunha das asociacións do municipio. Os premios outorgaranse en función da orixinalidade e a singularidade dos disfraces así como os materais para a elaboración, a confección e a posta en escena.

Os/as interesados/as en participar no concurso de disfraces deberán anotarse previamente nas dependencias municipais ou o propio día do concurso antes das 18:00 horas no pavillón municipal de Zas. En ambos casos é necesario entregar debidamente cumprimentado a Ficha de Inscrición que se pode descargar das Bases do Concurso publicadas no tablón de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas e que podes consultar a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONCURSO-DE-DISFRACES-entroido-2020.pdf

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.