Programa de teleasistencia móbil para víctimas de violencia de xénero : TAMV-VG

Descubre todo o que tes que saber sobre o programa: Programa de teleasistencia móbil para víctimas de violencia de xénero : TAMV-VG – Desenrolado polo Concello de Zas

Detalles do Programa de teleasistencia móbil para víctimas de violencia de xénero : TAMV-VG

Convoca: Concello de Zas a través do Programa de Teleasistencia Móbil do IMSERSO e da FEMP.

Descrición do servizo: Este programa ofrece ás víctimas de violencia de xénero, unha atención inmediata e a distancia, as 24 hóras do día os 365 días do ano sea cal sexa o lugar no que se encontren. Permite que as mulleres en risco de sufrir violencia de xénero poidan entrar en contacto cun centro de atención, formado por persoal específicamente preparado para dar resposta axeitada a crise exposta, ben por si mesmos, ou mobilizando outros recursos humanos e materiais existentes. O contacto cos centros de atención pode establecerse en todo momento tan só premendo un botón do teléfono. Cruz Roja Española é a encargada de xestionar este programa.

Requisitos: Mulleres víctimas de violencia de xénero.

Prazo: Todo o ano.

Outros programas en Centro de información á muller

Servizos para a veciñanza do Concello de Zas

Instalacións Municipais

O Concello de Zas pon a disposición da cidadanía unha serie de instalacións modernas e ben equipadas, pensadas para promover o deporte, a cultura e a vida social. Estes espazos ofrecen servizos variados que contribúen ao benestar da veciñanza e á dinamización comunitaria.

01

Piscinas municipais (Baio e Zas)

As piscinas municipais abren durante a tempada de verán e son un dos recursos máis demandados pola veciñanza. Dispoñen de zonas adaptadas para maiores e pequenos, converténdose nun lugar ideal para refrescarse, practicar a natación ou gozar do tempo libre en familia.

02

Campos de fútbol (Baio e Zas)

Os dous campos de fútbol municipais acollen partidos oficiais, torneos locais e sesións de adestramento para clubs e escolas deportivas. Son un punto de encontro para o deporte de base e para afeccionados de todas as idades.

03

Polideportivos cubertos (Zas e Baio)

Trátase de instalacións versátiles e modernas nas que se poden practicar disciplinas deportivas como baloncesto, fútbol sala ou voleibol, ademais de acoller actividades extraescolares e eventos sociais organizados polo concello.

04

Centro sociocultural de Baio

Este centro é un espazo de dinamización cultural e educativa, dotado dunha biblioteca de acceso público, unha aula de informática e varias aulas destinadas á formación. Nel celébranse tamén obradoiros, cursos e reunións veciñais.

05

Centro sociocultural de Zas

Con biblioteca, aula de informática e servizo de cafetería, este centro convértese nun lugar de encontro para a veciñanza. A súa programación cultural e educativa fai del un espazo de referencia no municipio.

06

Tanatorio Municipal

Servicio de tanatorio do Concello de Zas que dispoñe dunha sala velatorio para servizo dos vecinos do concello. Atención 24 horas

07

Ximnasio municipal (Baio)

Situado no pavillón municipal, o ximnasio está equipado con máquinas de cardio e musculación. É o lugar perfecto para practicar exercicio de maneira regular, mellorar a saúde física e fomentar hábitos de vida saudables.

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.