Museo do Liño (Baio)

O Museo do Liño de Baio mostra todo o proceso tradicional de elaboración desta fibra histórica.

Máis información sobre Museo do Liño (Baio)

Este pequeno museo foi impulsado pola Asociación O Santiaguiño, coa finalidade de recuperar e poñer en valor a tradición do liño en Zas. Nas súas instalacións pódese seguir todo o proceso de elaboración, desde o cultivo ata o tecido.

Entre as pezas máis destacadas atópase un tear de máis de 200 anos. O museo organiza ademais demostracións en vivo e actividades de divulgación que manteñen viva unha das artesanías máis representativas da zona.

Señal Si Visitable

A asociación AMIGOS DO LIÑO, de ámbito provincial, e con sedeno noso concello, ven desenvolvendo desde 1993 un gran labor de recuperación do proceso artesanal que os nosos antepasados realizaban para a obtención da prezada fibra. Desde a tradición, recuperáronse as ferramentas que se empregaban en cada unha das fases do cultivo e fiado do liño.

Fases:

  • A sementeira en abril
  • A recollida en xullo
  • O lagado e secado
  • O tascado e o espadelado
  • O rastreado
  • A fiada
  • O lavado do fío
  • O tecido

Ao rematar a fase da fiada facíase unha comida en comunidade como agradecimento a todas as mulleres que fiaban durante o longo inverno, seguidamente celebrábase un baile que as propias fiadeiras organizaban e sobre o que existe un rico folclore que chegou a estar prohibido pola igrexa. Actualmente e recuperada pola asociación AMIGOS DO LIÑO celébrase no mes de Abril esta ” Comida da Fía ” como un evento cultural de renome que reúne a entidades do mundo económico, socio-cultural de Galicia e público en xeral de diferentes procedencias.

Podemos ver instrumentos recuperados e utilizados na confección do liño como teares, fusos … e unha variada colección de prendas textiles e tecidos en:

A Cacharoza – s/n – 15150 Baio – Zas ( A Coruña)
O Castelo de Vimianzo – C/ Da Torre s/n – Vimianzo ( A Coruña)
A.V.P. O Santiaguiño de Carreira – Carreira – Zas ( A Coruña) +34 981 75 12 67
No Museo etnográfico localizado nas Torres do Allo podemos observar tamén a vestimenta de liño que vestían as mulleres campesiñas de principios do século pasado nesta zona.

Mostrar máis texto

Outros lugares de interés no Concello de Zas

Comparte este lugar en redes

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.