Miradoiro do Pico de Meda

O Miradoiro do Pico de Meda ofrece as mellores vistas panorámicas do val de Soneira e do Atlántico.

Máis información sobre Miradoiro do Pico de Meda

Este miradoiro natural é o punto máis elevado do concello, con 556 metros de altura. Desde aquí pódense contemplar panorámicas que abranguen o val de Soneira e, en días claros, mesmo o océano Atlántico.

A súa contorna é tamén un espazo de gran riqueza ecolóxica, con cabalos salvaxes, aves de presa e pequenos mamíferos que habitan en liberdade. É un lugar ideal para sendeiristas e amantes da natureza.

Señal Si Visitable

O Pico de Meda, cos seus 566 metros, constitúe a altura máis importante da localidade de Zas. Sitúase na parte nororiental do municipio e desde a súa cima, pode albiscarse o Atlántico, ademais de desfrutar dunha fermosa vista do Val de Soneira, o cal forma parte do que se denomina Costa da Morte, aínda sendo un concello sen saída ao mar. É, sen ningunha dúbida, un dos máis fermosos panoramas atlánticos.

Abre boas vistas da comarca, dos seus vales e dos seus cultivos. Pódense contemplar animais en liberdade, équidos e bóvidos, aves de presa e pequenos mamíferos (coellos, raposos). Nesta zona ubícase unha estación de enerxía eólica que altera notablemente a paisaxe.

A beleza do municipio de Zas é observable desde a atalaia do Pico de Meda, onde nace o río Grande, que drena case todo o municipio, ata desembocar na ría de Camariñas.

A outra cunca fluvial é o río Xallas, que retén as súas augas na fervenza para produción eléctrica, nun dos encoros máis extensos de Galicia.

Acceso: desde Zas, cóllese a estrada local cara á Gándara. Atravésase a ponte da Represa, avánzase ata pasar o núcleo de Carreira, deixando atrás A Mosqueira e vírase á dereita cara a Rabuñoso. Unha vez que se atravesa, hai que xirar á esquerda ascendendo cara ao Pico de Meda

Mostrar máis texto

Outros lugares de interés no Concello de Zas

Comparte este lugar en redes

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.