Área recreativa Pedra Vixía

A área recreativa Pedra Vixía combina natureza, muíños e patrimonio megalítico.

Máis información sobre Área recreativa Pedra Vixía

Situada na desembocadura do río de Zas, no curso do Grande de Baio, esta área recreativa está rodeada de carballos, ameneiros e formacións rochosas que lle confiren unha paisaxe única. Tamén se poden ver muíños tradicionais, testemuña da importancia da forza da auga na economía local.

É un lugar perfecto para pasar un día ao aire libre, cun contacto directo coa natureza e co patrimonio megalítico próximo.

Señal Si Visitable

Entre a cantidade de carreiros e lugares singulares para visitar na Costa da Morte, escollemos unha pequena ruta que une a carballeira de Baio coa Pedra Vixía.
A ruta comeza en Baio. Para chegar á carballeira hai que situarse na oficina de correos ubicada no centro da vila. Desde alí, e orientados cara ao río, hai que tomar un desvío situado á esquerda.

Seguindo este camiño, acádase unha bifurcación cun pequeno parque infantil. Hai que coller o camiño da esquerda de nuevo. Tras camiñar durante un anaco por un carreiro de terra, xa é posible divisar a carballeira. O acceso a esta finca ten que facerse a pé, xa que na súa entrada hai unha pequena reixa.

Esta fraga de carballos centenarios é un exemplo da masa boscosa propia de Galicia. Este bosque de carballos ten tantos anos que as súas árbores teñen os talos revirados, o que lle da un aire misterioso ao lugar.

A ruta continúa pola beira do río Grande –que debemos deixar á nosa man dereita–. Ao longo do leito existen numerosos remansos de pedra nos que parar e desfrutar do encanto da zona. Siguindo esta senda, encontraremos unha estrada que conduce ata o instituto de ensinanza secundaria da localidade. Ao chegar ao instituto, hai que seguir por un tramo de estrada asfaltada que leva ata o campo de fútbol. Nos arredores, e integrado no río, hai un vello muíño que segue en funcionamento.

Seguindo pola pista de asfalto chégase ata a estrada comarcal que une Baio e Zas. Hai que seguir á dereita e cruzar o río Grande. Unha vez que pasemos o concesionario, hai que meterse na primeira pista á dereita, á altura do paso de peóns.

Aquí chegamos á área recreativa de Pedra Vixía, que ocupa o emprazamento dun antigo serradoiro dos anos 50.

O último tramo desta ruta discorre pola marxe esquerda do río. Seguindo un camiño estreito, chegaremos a unha presa de pedra que provoca un salto de auga. Cruzamos o paso de madeira e seguindo de frente por camiños de pescadores hai que pasar por varios muíños ata chegar aos restos pétreos que forman o dolmen –apenas recoñecible—de A Pedra Vixía.

Desde aquí hai que coller o camiño de volta á comarcal Baio-Zas para chegar ao punto de saída.

Mostrar máis texto

Outros lugares de interés no Concello de Zas

Comparte este lugar en redes

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.