V_mostra_de_teatro_30_abril

O grupo FarandOleiras traénos á V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose o seu espectáculo de cabaré “Olimpo´s”

A función, dirixida a todos os públicos, é mañá ás 21:30 horas no Auditorio de Baio

Mañá sábado continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa representación de “Olimpo´s”, que nos trae a compañía FarandOleiras dende Oleiros (A Coruña). O espectáculo está dixido a todos os públicos e representarase a partir das 21:30 horas no Auditorio de Baio.

Esta é a segunda vez que a compañía participa na Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo Concello de Zas xa que na primeira edición representara “Pánico” co que obtivo o 3º premio ao mellor espectáculo.

Na representación de mañá, que leva por título “Olimpo´s”, a compañía segue fiel á súa proposta de teatro cabaré na que se combinan pequenas esceas de teatro con números musicais. Desta volta, FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos o ben que viven e pensan as deusas e deuses dun hipotético (e bastante negro) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos mortais. Neste Olimpo farandoleiro tamén se fan enquisas de igualdade, tamén hai teito de cristal e… ata hai secesionismo galego.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...