reparto_mascaras_feira_baio

O Concello de Zas reparte unhas 400 máscaras na feira de Baio

Membros de Protección Civil entregaron uns 200 sobres, con dúas máscaras no seu interior, ás persoas que presentaron un ticket dunha compra realizada esta mañá tanto nun local comercial da vila como nos propios postos ambulantes
 

 

Co obxectivo de revitalizar o tecido comercial e hostaleiro así como as feiras do municipio, o Concello de Zas repartiu esta mañá unhas 400 máscaras entre as persoas que acudiron á tradicional feira de Baio. Esta acción, impulsada polo Goberno Municipal, reforza as medidas de prevención contra o Covid19 nos mercados ao aire libre. Ademais, membros de Protección Civil controlaron o cumprimento das novas condicións de seguridade tanto por parte dos vendedores como dos compradores entre as cales están a limitación do aforo, a distancia entre postos e a distancia interpersoal.

As máscaras entregadas son de tipo cirúrxico de triple capa e con certificado CE e repartíronse entre aqueles asistentes que presentaban un ticket de calquera compra realizada esta mañá tanto nalgún local comercial da vila como nos propios postos da feira. Na feira de hoxe participaron unha variedade de postos ambulantes entre os que había tendas de roupa e de froitas e verduras frescas.

A raíz da crise sanitaria provocada polo Coronavirus Covid-19, o Goberno Municipal de Zas – encabezado por Manuel Muíño – impulsouse un Plan de Revitalización da Economía Local con diferentes liñas de traballo encamiñadas a apoiar a economía local e o comercio de proximidade. Dentro deste plan, inclúese a revitalización das nosas feiras e unha primeira liña de axudas a autónomos/as dotada con 150.000 euros que se aprobará a vindeira semana. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.