traballos_desinfeccion_concello_de_zas

O Concello de Zas pon en marcha unha campaña de desinfección

Operarios municipais realizan estes días a desinfección nos exteriores de bancos, establecementos comerciais que continúan abertos, farmacias,… co fin de evitar a propagación do COVID-19

O Concello de Zas vén de poñer en marcha un dispositivo especial para desinfectar zonas comúns como os accesos aos edificios e comercios que manteñen a súa actividade para abastecer á poboación de productos de primeira necesidade e medicinas; tales como supermercados, bancos, farmacias, tanatorio,.… Destas tarefas encárganse os operarios municipais e ten como obxectivo reducir e minimizar o risco de contaxio por coronavirus entre a poboación.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, sinala que esta é unha medida de prevención que decidiu poñer en marcha o Concello de Zas co fin de evitar a propagación do COVID-19 ainda que o rexedor recorda que a principal norma é quedar na casa e non saír salvo naquelas situacións que estean xustificadas, sinala Muíño.

Esta é unha nova medida que se suma ás postas en marcha polo Concello de Zas ante a situación de emerxencia sanitaria causada pola expansión do coronavirus COVID-19. De feito os distintos departamentos municipais seguen atendendo aqueles casos de urxencia e extrema necesidade que afectan ás persoas máis vulnerables nesta situación como poden ser persoas maiores ou con patoloxías crónicas que viven soas. Habilitar un teléfono móbil a unha persoa maior do municipio que vive soa, dotar dunha camilla á nova zona de illamento coa que conta o Centro de Saúde de Baio, levar productos de 1ª necesidade familias vulnerables ou atender ás dubidas da veciñanza foron algunhas das accións realizadas estes días dende o Concello de Zas. 

Outras medidas polo COVID-19

Antes de que se declarase o estado de alerta, o Concello de Zas xa tomara outras medidas co fin de evitar a propagación do COVID-19 tales como suspender todas as actividades municipaispechar ao público as Torres do Allo, suspensión da feira de Baio e do mercado mensual de Zas, entre outras.

Unha vez máis o Alcalde de Zas recoméndalle á veciñanza seguir encarecidamente as instruccións ditadas polas autoridades sanitarias competentes e non saír da casa.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.