IXornadaCaninaConcelloZas

O Concello de Zas organiza a I Xornada Canina da Costa da Morte cunha exhibición e cun concurso local que reunirá a amantes e criadores de cans

O evento, que se inclúe dentro das actividades organizadas polo Concello no marco da campaña comercial do Punto Rojo, terá lugar na praza Jorge Mira Pérez o 25 de agosto en horario de mañá

Unha das novidades da campaña comercial do “Punto Rojo”  organizada polo Concello de Zas e que se celebra en Baio os días 23, 24 e 25 de agosto é a I Xornada Canina que terá lugar durante a mañá do domingo, día 25, na praza Jorge Mira Pérez.

Este é un evento organizado polo Concello de Zas en colaboración coa Aselcre – Asociación de Centros Legales de Cría y Cuidado Responsable – que reunirá a un gran cantidade de amantes e criadores de cans. A xornada comezará cunha exhibición de exemplares procedentes de profesionais da cría que serán valorados por xuíces para a clasificación no campionato galego Ascelcre/Expogal. A xornada tamén inclúe o 1º concurso canino aberto a todas as persoas que desexen participar co seu can. Todos os participantes recibirán un agasallo por participar e ademáis sortearánse entre todos eles agasallos donados por distintas casas comercias. Para poder participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056), a través do formulario https://bit.ly/concursocaninocostadamorte ou tamén o mesmo día do evento na Praza Jorge Mira. 

Manuel Muíño, Alcalde de Zas, destaca que esta é unha iniciativa singular e que atraerá unha gran cantidade de público de toda a comarca coincidindo coa campaña de promoción do comercio local do “Punto Rojo”. Ademais deste concurso canino, as persoas que visiten a vila durante os días 23, 24 e 25 de agosto atoparán grandes descontos nos comercios, poderán facer unha ruta de pinchos, moita animación nas rúas, un tren turístico e ademáis participar no sorteo de 1.400€ en premios. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.