Visita institucional a Zas Manuel Gonzalez1

O Alcalde de Zas ofreceu unha recepción institucional a Manuel González González, membro da Real Academia Galega

Ademais de asinar no libro de honra aproveitou para darlle os parabéns a todas as entidades e persoas que promoven a candidatura de Enrique Labarta Pose para o Día das Letras Galegas

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, recibiu onte na Casa do Concello a Manuel González González, membro da Real Academia Galega dende o anos 1992 e catedrático de Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a súa visita, Manuel González González asinou no libro de honra do Concello de Zas onde agradeceu a súa acollida ademais de darlle os parabéns tanto ao Concello como a todas a persoas e entidades que promoven a candidatura de Enrique Labarta Pose para o Día das Letras Galegas. “Estou seguro de que o esforzo logrará máis pronto que tarde o Día das Letras para Labarta Pose”, indica González que foi un dos membros da Real Academia que defendeu a candidatura de Labarta para o día das Letras Galegas do 2025. Aproveitou tamén a súa visita para mostrar o seu apoio para o fomento da cultura e da defensa da lingua.  Pola súa banda, o Alcalde de Zas agradeulle o seu apoio así como a súa visita e fíxolle entrega do libro de “Zas polo miúdo” como agasallo institucional. 

Na recepción tamén estiveron presentes Jorge Mira, portavoz da Comisión Enrique Labarta Pose; xunto con Xosé María Lema Suárez, Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.