14_maio

Gargallada Teatro representa mañá no Auditorio de Baio a comedia “Un desastre de función”

A función, que se enmarca na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, comeza ás 21:30 horas e está dirixida a todos os públicos

Mañá sábado, 14 de maio, temos unha nova cita coa V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas. Nesta ocasión, os encargados de subirse ao escenario son os membros da compañía Gargallada Teatro  – de O Barco de Valdeorras – para representarnos “Un desastre de función”. Esta é unha comedia dirixida a todos os públicos de 70 minutos de duración e que se representará ás 21:30 horas no Auditorio de Baio.

A compañía disponse a subir a escena unha ambiciosa obra de misterio, cun asasinato incluído, baseada nun clásico da novela negra inglesa. Están certos de que nin as dificultades técnicas, nin os atrancos para completar o elenco, nin o escaso dominio do inglés, nin o riscos de traballar con animais vivos en directo, serán un impedimento para acadar o éxito. Pero pronto veñen os desastres e o elenco comeza a desesperarse baixo a presión dos acontecementos. Ao final da obra demostrarán se son capaces ou non de recompoñer a situación.

Gargallada Teatro obtivo na I Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Zas (2015) o premio á mellor obra (Fuga) e o mellor actor (Lalo Santos).

Última actuación

O sábado 21 de maio chegan ao seu fin as representacións da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. E faino cun cambio xa que a compañía seleccionada, Fauna 113, non pode facer a representación polo que se pasa a facer a función a seguinte obra seleccionada polo xurado e que quedou en reserva. Desta forma, a Agrupación Teatral Mariñán traeranos a súa obra “Crime Desorganizado” ás 21:30 horas ao Auditorio de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.