O Departamento de Urbanismo do Concello de Zas é o punto de referencia para a planificación, a xestión do solo e as licenzas de obras e actividades. Traballamos para un desenvolvemento equilibrado e sostible das nosas parroquias, velando polo cumprimento da normativa, a calidade urbana e a protección do patrimonio e da paisaxe.
O Concello de Zas foi o primeiro da Costa da Morte en contar cun Plan Xeral adaptado á normativa urbanística vixente. A aprobación definitiva do noso PXOM culminou unha intensa labor técnica e administrativa para solventar todas as cuestións requiridas pola Dirección Xeral de Urbanismo. Neste apartado poñemos á súa disposición as normativas e as planimetrías resultantes deste traballo —agardamos que lles sexan de grande utilidade— e lembrámoslle que as portas do Concello están sempre abertas para calquera consulta ou suxestión. Aquí tamén poderás consultar o PXOM (planos, normativa e fichas) e atopar información práctica para tramitar permisos e resolver dúbidas.
Ademais, o Concello de Zas dispón dun Punto de Información Catastral (PIC) situado na Praza do Campo, s/n (1º andar da Casa Consistorial), 15850 Zas. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. Neste servizo poderá solicitar información catastral e a emisión de certificacións. Taxas vixentes: certificación literal: 6 €; certificación descriptiva e gráfica: 12 €.