maio-mes-letras-concello-zas-2024

Chega “Maio, mes das letras” con propostas culturais para todos os públicos

Unha das principais actividades deste programa é o Concurso de Marcapáxinas dirixido ao alumnado dos diferentes centros de ensino do noso municipio

Un ano máis, o Concello de Zas vén de poñer en marcha “Maio, mes das letras”; un programa cultural que nace ao arredor do Día das Letras Galegas e que se estende durante todo o mes con diferentes propostas para todos os públicos. Detallámolas todas a continuación:

XV Concurso de Marcapáxinas

Unha das principais actividades do programa “Maio, mes das letras” é o concurso de marcapáxinas, que vai pola súa 15ª edición, e co que nos sumamos aos actos de homenaxe a Luísa Villata Gómez, a escritora protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. Ao igual que nos anos anteriores, o certame está dirixido ao alumnado dos diferentes centros de ensino do noso municipio sendo o Día das Letras Galegas o tema obrigatorio. Estas son as categorías:

  • Categoría A: Ata os 5 anos
  • Categoría B: de 1º a 5º de Primaria
  • Categoría C: de 6º de Primaria a 4º da E.S.O.

Outorgaranse dous premios por cada unha das categorías dotados cun lote de libros cada un e terase en conta a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade. Os traballos poden entregarse en calquera dos Centros Socioculturais do noso municipio ata día o 16 de maio. Os marcapáxinas premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2025.  As bases completas poden consultarse ao final desta nova.

Actividades infantís

  • “Consertasso na horta!”: O 13 de maio Brais das Hortas ofreceralle este espectáculo ao alumnado do CEIP de Zas (10:00 horas) e do CEIP Labarta Pose (12:45 horas).
  • “Fábulas”, Contacontos Teatral: Os ratiños de Lonxedetodo traénnos un contacontos para toda familia que nos interpretarán o 13 de maio ás 18:00 horas no Auditorio de Baio e, ao día seguinte tamén ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Zas.
  • O grupo de música folk Alana ofreceralle un concerto ao alumnado da ESO e BACH do IES Maximino Romero Lema o xoves 16 de maio ás 12:45 horas.

17 de maio

O propio día das Letras Galegas, as Torres do Allo acollen a partir das 12:30 horas “Lea”; un espectáculo dirixido por Fran Siera coa colaboración dos membros da Asociación Cultural Adro e que se enmarca dentro do Proxecto Escora Danza e, a continuación, haberá unha foliada aberta.

VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Durante o mes de maio continúa a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose con diferentes citas:

  • 4 de maio: “Fatum”, de O Catre Teatro de As Pontes de García Rodríguez. Esta é unha comedia para todos os públicos que se representará as 21:00 horas no Auditorio de Baio.
  • 11 de maio: “Crónica dun pobo”, unha comedia de Gargallada Teatro que chega dende O Barco de Valdeorras e que nos interpretarán as 21:00 horas no Auditorio de Baio. Tamén está dirixida a todos os públicos.
  • 18 de maio: “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros. Este drama, dirixido ao público adulto, representarase as 21:00 horas no Auditorio de Zas.
  • 25 de maio: O Auditorio de Zas acolle a partir das 18:00 horas a Clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas e, a continuación, a entrega dos premios da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose na que o Concello de Zas repartirá 3.900€ en premios.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.