V Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose"

O Concello de Zas pon en marcha a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose na que se repartirán 3.900 euros en premios

Consulta e descarga aquí as bases e os anexos para a inscrición

Xa está en marcha unha nova edición, e van sete, da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura. Unha das principais novidades deste ano é que se aumenta a cuantía dos premios a 3.900€ co fin de fomentar o teatro afeccionado así como o teatro feito en Galicia e en galego.

Na VII Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” poden participar todas aquelas compañías e/ou grupos galegas de teatro afeccionado. No Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas e ao final desta nova poderán consultarse as bases do certame, a documentación requerida así como descargar as fichas de inscrición. O prazo para anotarse xa está aberto sendo o 1 de abril a data límite para enviar a documentación.

Unha vez recibidas todas as solicitudes, un xurado formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius seleccionará as cinco obras finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio. As representacións comezarán entre as 20:00 e as 21:00 horas e repartiranse entre o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio. O día da entrega de premios será o 25 de maio nun acto que terá lugar a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio.

3.900€ en premios

Todas as obras finalistas terán premio. En total o Concello de Zas repartirá 3.900€ entre elas que se distribuirán da seguinte maneira: 

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

O mellor actor e a mellor actriz desta sétima edición da mostra tamén recibirán cadanseu trofeo e diploma acreditativo.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinalou que a Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose “é un referente para o teatro amateur e que cada vez atrae a un maior número de grupos e compañías de toda a comunidade”. 

Editable Anexo I

Editable Anexo II

Editable Anexo III

Editable Anexo IV

Proposta de Bases e convocatoria da VII Mostra de Teatro afeccionado Labarta Pose

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.