verancultura_avelinogonzalez

Avelino González traénos os seus “Contos que foron chistes” ás Torres do Allo

O espectáculo, que terá lugar este domingo ás 20:30 horas, inclúese dentro da programación “Verán Cultural” organizada polo Concello de Zas
 

 

O humor será a base do espectáculo que nos ofrecerá este domingo, 11 de xullo, a partir das 20:30 horas o monologuista Avelino González. Baixo o título “Contos que foron chistes” arracaranos unhas risas e convidaranos á reflexión con historias doutras épocas. 

Esta é unha actuación aberta a todos os públicos e para asistir é necesario reservar praza previamente en calquera dos Centros Socioculturais municipais ou a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056 (en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).

Un pouco antes desta actuación, ás 19:30 horas, temos unha nova sesión das visitas teatralizadas. Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane – interpretados por Os Quinquilláns, farannos un percorrido polo pazo máis antigo de Galicia. Tamén é necesario anotarse antes da función a través do endezo electrónico info@torresdoallo.gal ou no propio pazo. 

Animación de rúa en Baio

Coincidindo coa celebración das festas de San Cristobo, o sábado 10 de xullo o grupo Troula animarán a partir das 20:00 horas as rúas de Baio co seu espectáculo “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”. 

Estas actividades inclúense na programación “Verán Cultural”, organizada polo Concello de Zas a través das Concellarías de Cultura e Deportes. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.