carballeira-baio-2024

As merendas, a música e unha sardiñada volven á Festa da Carballeira de Baio

A cita é o día 30 de xuño, o último domingo de mes

 

O vindeiro 30 de xuño – último domingo de mes – celebrase a Festa da Carballeira de Baio; unha festa cun gran espíritu familiar e cargada de tradición que ano tras ano reúne centos de persoas. 

Unha das principais novidades desta edición é a sardiñada, organizada e sufragada pola Comisión de Festas dee Baio, que se realizará antes da sesión vermú e na que se repartirán de forma gratuíta sardiñas entre todos os asistentes. O grupo de música tradicional da Asociación Cultural Adro encargarase de amenizar a sardiñada. A partir de aí a música non parará de soar durante todo o día. Diso encargaranse o Dúo D’Festa e o Dúo Veneguay, que animarán a sesión vermú e a verbena; e a Charanga Santa Compaña, que levará a súa música por todo o recinto ao longo de toda a tarde.

Co fin de preservar este espazo natural – incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras – e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas, usar equipos musicais nin estacionar no recinto.

A Festa da Carballeira de Baio está organizada polo Concello de Zas, coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.