maio_mes_das_letras_2022

Arranca a celebración das Letras Galegas co programa cultural “Maio, mes das letras”

O Concello de Zas diseñou unha programación que se desenvolverá do 7 ao 29 de maio e que ten como protagonista a Florencio Delgado Gurriarán

O próximo 10 de maio arranca o programa cultural “Maio, mes das letras”, organizado polo Concello de Zas, con actividades que teñen como propósito divulgar a obra de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Unha boa parte das actividades realizaranse nos propios centros educativos para así achegar a nosa cultura a todos os nenos e nenas. Estas son as citas:

  • 10 de maio: “Problemas”, contacontos infantil de Trinke Trinke Teatro. Ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Zas. Público familiar
  • 12 de maio: “Outra vez!”, con Vero Rilo. Ás 10:30 horas, no Auditorio do Concello. Función escolar
  • 12 de maio: “E a ti… que che contaban?”, con Vero Rilo. Ás 12:30 horas, no Auditorio de Baio. Función escolar
  • 13 de maio: “Mulleres creadoras”, con Silvia Penide e Carla López de Feminino Plural. Ás 10:30 horas no Auditorio do Concello e ás 12:30 horas no Auditorio de Baio. Funcións escolares
  • 19 de maio: “Invisibles”, de Redrum Teatro. Esta é unha función dirixida ao alumnado da ESO e Bacharelato dos centros de ensino municipais que terá lugar ás 12:45 horas no Auditorio de Baio
  • 24 de maio: Problemas”, contacontos infantil de Trinke Trinke Teatro. Ás 18:00 horas, na Axencia de Lectura de Baio. Público familiar

Ao longo deste mes de maio continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coas seguintes representacións: 

  • 7 de maio: “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal da AA.EE. da Estrada. Ás 21:30 horas no Auditorio do Concello. Maiores de 12 anos
  • 14 de maio: “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro. Ás 21:30 horas no Auditorio de Baio. Para todos os públicos
  • 21 de maio: “A derradeira cea”, de Fauna 113. Ás 21:30 horas no Auditorio do Concello. Dirixida ao público adulto
  • 29 de maio: Clausura do curso 2021-2022 da Escola de Teatro Infantil Municipal e entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Ás 18:00 horas no Auditorio de Baio. Todos os públicos

 

XIII Concurso de Marcapáxinas

As Letras Galegas serán unha vez máis as protagonistas do Concurso de Marcapáxinas organizado polas Bibliotecas Municipais de Zas e de Baio e que xa vai pola 13ª edición. No certame poden participar todas e todos as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas establecéndose as seguintes categorías:

  • Categoría A: ata os 5 anos
  • Categoría B: de 1º a 5º de Primaria
  • Categoría C: de 6º de Primaria a 4º da ESO

Cada participante poderá presentar un único traballo sobre as Letras Galegas, en papel ou cartolina, a cor, por unha cara e coas dimensións 21×5 cm sendo o 19 de maio a data límite para entregalo. Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2023. Haberá dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un. 

As bases do XIII Concurso de Marcapáxinas poden consultarse ao final desta nova. 

Maio mes das letras
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.