NOVO CARTEL MOSTRA

A III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” levanta o telón

As representacións arrincan o próximo 21 de abril no auditorio de Zas cunha comedia do grupo de Teatro Tiruleque de O Carballiño

Por terceiro ano consecutivo, a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas levanta o telón. Será o próximo día 21 de abril no auditorio de Zas coa obra “O5 CO2NO5 50N COU54 D€ 3”  de Tiruleque, un grupo de teatro chegado dende O Carballiño.

As representacións continuarán os catro sábados seguintes, 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio. E xa o domingo, 27 de maio, terá lugar a entrega de premios que se celebrará xunto coa clausura da XI Escola Municipal de Teatro Infantil. Como novidade, este ano, dentro da Mostra de Teatro inclúese unha obra dirixida especialmente ao público infantil. Que será o 19 de maio no Auditorio de Zas. O resto das obras de teatro comezan ás 21 horas e repartiranse entre os escenarios do Auditorio de Zas e o de Baio.

“Serán cinco sábados con espectáculos chegados dende distintos puntos do país” sinala Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura de Zas. A maior parte das obras de teatro están dirixidas a todos os públicos e as cinco son de acceso gratuíto.

Nesta terceira edición presentaronse un total de 19 obras de teatro das que cinco quedaron finalistas tras a selección do xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius. A maior parte das obras que se representarán son comedia, ainda que tamén haberá drama e incluso teatro de sombras.

“Coa esta mostra de teatro queremos darlle visibilidade a todos os actores e actrices que adican boa parte do seu tempo libre ao teatro, ao teatro feito en galego e tamén contribuír á dinamización económica do noso concello”, sinala Velo.

Premios

Cada unha das obras que se representan recibirá 500€ xunto cun diploma acreditativo. Tamén haberá premios (un trofeo e un diploma acreditativo) para a mellor obra elixida polo xurado, para o mellor actor e a mellor actriz e para a mellor obra elixida polo público.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 Maio, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 Maio, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.