presentacion-opoetadaterra

A finais de xuño sae á rúa “O poeta da terra”; o primeiro libro infantil sobre Enrique Labarta Pose

Esta é unha nova acción do Concello de Zas para poñer en valor a figura de Labarta

Onte á tarde presentouse no Auditorio de Baio o novo proxecto literario infantil sobre Enrique Labarta Pose no que se está a traballar e que sairá á luz a  finais do vindeiro mes de xuño. 

“O poeta da terra” é o título elixido para o libro “co que queremos dar a coñecer a figura e a obra de Enrique Labarta Pose entre o público infantil”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante a presentación. O rexedor recordou que esta é unha nova actividade posta en marcha polo Concello de Zas para conseguir que a Real Academia Galega lle adique o seu propio día das Letras Galegas. “O vindeiro ano cúmprense 100 anos da súa morte polo que sería unha boa efeméride para que as Letras Galegas do 2025 se lle adiquen a Labarta”, destacou. 

Para falar do libro estivo un dos seus autores, Enrique Mauricio, que forma parte do colectivo Polo Correo do Vento. “Poeta da Terra é un título que chega a todos os público, ao igual que Labarta”, sinalou. “Labarta é un poeta da terra, do feminismo, do ecoloxismo,… e cunha gran versatilidade”, destacou Enrique Mauricio quen recalcou a labor que está a facer o Concello de Zas para que Enrique Labarta Pose teña o seu propio día das Letras Galegas que “ben o merece”, incidiu.

O libro, que forma parte da colección de literatura infantil sobre personaxes galegos de Lela Edicións, ten un formato moi vistoso no que se mistura información sobre a súa vida con algúns dos seus poemas máis relevantes. O volume conta coas ilustracións de Tania Solla.

Presentacion opoetadaterra
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
9 Febreiro, 2026
Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa d...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.