Unha gran parte da metade do lixo que se produce no fogar é materia orgánica e a súa xestión supón unh importante impacto tanto a nivel ambiental como económico. Por este motivo, e tamén coa finalidade de adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos, o Concello de Zas vén de poñer en marcha un programa de voluntariado ambiental baixo o lema “Ti tes a chave”.
Os fogares e os establecementos que xeren este tipo de residuos son os principais destinatarios deste programa que se porá en marcha a comezos do 2025.
Nas zonas urbanas do noso municipio instalaremos colectores marróns. Unha das peculariedades é que este é un depósito pechado polo que para facer uso del será necesario ter unha chave que se entregará a todas aquelas familias que a soliciten xunto cun kit de benvida composto por un cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo.
Para todos aqueles veciños e veciñas que residan nunha vivenda illada e que conte cun terreo anexo de máis de 25m2 pode solicitar un composteiro para autoxestionar os residuos orgánicos do seu fogar e crear o seu propio compost que é un excelente abono para as prantas e cultivos.
Todas aquelas familias e establecementos comerciais que desexen participar poden anotarse na Casa do Concello, través do número de teléfono 981 70 83 03 ou ben a través deste formulario (vai o enlace o final da nova). Os locais comerciais que se sumen á iniciativa terán un distintivo.
Sesions informativas do programa
Ao longo destes meses realizaremos diferentes sesións informativas; na rúa, nos centros de ensino,… e tamén visitaremos os locais comerciais co fin de proporcionar toda a información sobre as vantaxas deste programa e resolver dúbidas.
A primeira sesión informativa tivo lugar o domingo 16 de novembro, na Praza Jorge Mira Pérez de Baio coincidindo coa celebración da feira. Ata alí achegáronse un bo número de familias interesadas en participar na campaña.
Que é a materia orgánica?
A materia orgánica é toda aquela que é capaz de descompoñerse tales como: restos de froita, verduras, carnes ou peixe; cunchas de mariscos ou froitos secos; papel de cociña usado; restos de pan, café e infusións; restos de podas e prantas; cortizas,…
O Concello de Zas pon a disposición da cidadanía unha serie de instalacións modernas e ben equipadas, pensadas para promover o deporte, a cultura e a vida social. Estes espazos ofrecen servizos variados que contribúen ao benestar da veciñanza e á dinamización comunitaria.
As piscinas municipais abren durante a tempada de verán e son un dos recursos máis demandados pola veciñanza. Dispoñen de zonas adaptadas para maiores e pequenos, converténdose nun lugar ideal para refrescarse, practicar a natación ou gozar do tempo libre en familia.
Os dous campos de fútbol municipais acollen partidos oficiais, torneos locais e sesións de adestramento para clubs e escolas deportivas. Son un punto de encontro para o deporte de base e para afeccionados de todas as idades.
Trátase de instalacións versátiles e modernas nas que se poden practicar disciplinas deportivas como baloncesto, fútbol sala ou voleibol, ademais de acoller actividades extraescolares e eventos sociais organizados polo concello.
Este centro é un espazo de dinamización cultural e educativa, dotado dunha biblioteca de acceso público, unha aula de informática e varias aulas destinadas á formación. Nel celébranse tamén obradoiros, cursos e reunións veciñais.
Con biblioteca, aula de informática e servizo de cafetería, este centro convértese nun lugar de encontro para a veciñanza. A súa programación cultural e educativa fai del un espazo de referencia no municipio.
Servicio de tanatorio do Concello de Zas que dispoñe dunha sala velatorio para servizo dos vecinos do concello. Atención 24 horas
Situado no pavillón municipal, o ximnasio está equipado con máquinas de cardio e musculación. É o lugar perfecto para practicar exercicio de maneira regular, mellorar a saúde física e fomentar hábitos de vida saudables.