Brandomil

Brandomil: un compromiso co patrimonio

Brandomil é hoxe un dos símbolos do Concello de Zas: un enclave romano único á beira do río Xallas, coa súa ponte histórica, a vila e a calzada antigas, e unha contorna natural que atrae cada vez máis visitantes. Nos últimos anos o Concello de Zas leva investidos máis de 100.000 € en traballos de recuperación ambiental, posta en valor e mellora do acceso ao xacemento, para garantir que este patrimonio arqueolóxico se conserve e ao mesmo tempo se abra á veciñanza e ao turismo cultural.

0 +

Anos de historia

0 +

Horas de traballo

0 +

Visitas rexistradas

As grandes apostas do Concello de Zas en Brandomil

A acción municipal en Brandomil organízase arredor de tres eixos principais: a investigación arqueolóxica do pasado romano, a recuperación da paisaxe e da zona fluvial arredor da ponte e, finalmente, a divulgación deste legado mediante rutas, visitas guiadas e proxectos vencellados aos camiños de peregrinación cara a Muxía e Santiago.

Investigación e protección do Brandomil romano

O Concello de Zas mantén un convenio estable coa Fundación Brandomil para apoiar as campañas de escavación e consolidación da vila e da calzada romana, achegando recursos económicos e coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio. Grazas a esta aposta continúan aparecendo novos achados na zona de Pedra do Altar e arredores, situando Brandomil como un referente do patrimonio arqueolóxico en Galicia.

Rexeneración da contorna da ponte e da praia fluvial

A rexeneración ambiental da zona próxima á ponte inclúe a retirada de toneladas de terra acumulada polas enchentes, a recuperación da praia fluvial, a mellora de accesos e espazos de lecer e a limpeza xeral da ribeira do Xallas. Estas actuacións transformaron a contorna nun espazo máis seguro, atractivo e accesible para o paseo, o baño e a observación da paisaxe.

Difusión, visitas guiadas e rutas xacobeas

Cada verán, o Concello de Zas organiza xunto coa Fundación Brandomil un programa de visitas guiadas gratuítas para dar a coñecer a historia romana e medieval de Brandomil, así como a súa relación coas rutas cara a Muxía. Ademais, promove rutas de sendeirismo e itinerarios vencellados ao Camiño a Muxía desde Brandomil, integrando o enclave nas novas propostas de peregrinación e turismo sostible da Costa da Morte.

Actualidade sobre o proxecto de Brandomil

Mantente ao día coa actualidade sobre un dos proxectos máis importantes desenrolados polo Concello de Zas. A información arqueolóxica e turística do proxecto de Brandomil ten aquí o seu centro de novidades.

7 Outubro, 2025
A ponte de Brandomil loce un novo aspecto grazas aos traballos de rexeneración da zona natural máis próxima á construcción que se están levando a cabo e cos que o Goberno Municipal de Zas dá un paso máis no esforzo para a posta en valor de ...
3 Setembro, 2023
  Esta semana rematáronse uns novos traballos que acreditan o compromiso do Concello de Zas co patrimonio. Nesta ocasión, un ...
18 Febreiro, 2024
Despois das catro intervencións arqueolóxicas realizadas en Brandomil e dos datos obtidos polas probas Carbono 14, realizadas por ...

Concello de Zas e Fundación Brandomil

O Concello de Zas colabora activamente coa Fundación Brandomil para levar a cabo accións de recuperación do patrimonio arqueolóxico

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.