Servizo de atención temperá

Descubre todo o que tes que saber sobre o programa: Servizo de atención temperá – Desenrolado polo Concello de Zas

Detalles do Servizo de atención temperá

Que é a atención temperá?

Entendese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos.

O seu obxectivo é dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave é que canto máis axiña se detecten as posibles dificultades os resultados da atención profesional poden ser mellores.

A quen se dirixe a atención temperá?

O Servizo de Atención Temperá dixísexe aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e ao seu contorno empadroados nos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo.

Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do desenvolvemento dun neno?

As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia.

No caso de que a sospeita sexa fóra da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.

A onde debo de dirixirme para obter máis información?

  • Ao servizo de pediatría que derivará ,no caso de que considere, á unidade de AT.
  • Aos servizos sociais dos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
  • Ao servizo de orietación do centro educativo no que estea matriculado o neno ou nena
  • Ao servizo da agrupación dos concellos anteriormente indicados do Servizo de Atención

Contacto do Servizo de Atención Temperá Costa da Morte

Outros programas en Servizos sociais

Servizos para a veciñanza do Concello de Zas

Instalacións Municipais

O Concello de Zas pon a disposición da cidadanía unha serie de instalacións modernas e ben equipadas, pensadas para promover o deporte, a cultura e a vida social. Estes espazos ofrecen servizos variados que contribúen ao benestar da veciñanza e á dinamización comunitaria.

01

Piscinas municipais (Baio e Zas)

As piscinas municipais abren durante a tempada de verán e son un dos recursos máis demandados pola veciñanza. Dispoñen de zonas adaptadas para maiores e pequenos, converténdose nun lugar ideal para refrescarse, practicar a natación ou gozar do tempo libre en familia.

02

Campos de fútbol (Baio e Zas)

Os dous campos de fútbol municipais acollen partidos oficiais, torneos locais e sesións de adestramento para clubs e escolas deportivas. Son un punto de encontro para o deporte de base e para afeccionados de todas as idades.

03

Polideportivos cubertos (Zas e Baio)

Trátase de instalacións versátiles e modernas nas que se poden practicar disciplinas deportivas como baloncesto, fútbol sala ou voleibol, ademais de acoller actividades extraescolares e eventos sociais organizados polo concello.

04

Centro sociocultural de Baio

Este centro é un espazo de dinamización cultural e educativa, dotado dunha biblioteca de acceso público, unha aula de informática e varias aulas destinadas á formación. Nel celébranse tamén obradoiros, cursos e reunións veciñais.

05

Centro sociocultural de Zas

Con biblioteca, aula de informática e servizo de cafetería, este centro convértese nun lugar de encontro para a veciñanza. A súa programación cultural e educativa fai del un espazo de referencia no municipio.

06

Tanatorio Municipal

Servicio de tanatorio do Concello de Zas que dispoñe dunha sala velatorio para servizo dos vecinos do concello. Atención 24 horas

07

Ximnasio municipal (Baio)

Situado no pavillón municipal, o ximnasio está equipado con máquinas de cardio e musculación. É o lugar perfecto para practicar exercicio de maneira regular, mellorar a saúde física e fomentar hábitos de vida saudables.

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.