Cultura e deportes

Descubre todo o que se desenrola dende o departamento de Cultura e deportes do Concello de Zas

Presentación do departamento de Cultura e deportes do Concello de Zas

O Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Zas promove ao longo do ano unha ampla programación destinada a dinamizar a vida social, cultural e deportiva do municipio. O seu obxectivo é ofrecer espazos de encontro, fomentar hábitos saudables, apoiar a creación artística e garantir que todas as persoas, independentemente da súa idade, conten con propostas de ocio e formación adaptadas aos seus intereses.

No ámbito cultural, organízanse programas de animación á lectura, escolas municipais de teatro, contacontos, exposicións, obradoiros, concertos e representacións teatrais. Ademais, celébranse grandes citas que forman parte da identidade local como a Festa da Carballeira, a Semana Cultural, o ciclo Zas no Nadal ou a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” ou os importantes Premios Fouciño de cinema, convertendo o concello nun referente cultural da comarca.

No ámbito deportivo, o departamento impulsa escolas deportivas para nenos e nenas, actividades de ximnasia de mantemento e programas para persoas adultas, ademais de xestionar o ximnasio municipal e as instalacións deportivas. Durante o verán organízanse campamentos, cursos de natación, roteiros de sendeirismo, torneos e o tradicional Trofeo de Fútbol Concello de Zas, reforzando a práctica do deporte como valor de saúde, convivencia e integración.

En conxunto, o Departamento de Cultura e Deportes constitúe un motor de dinamización social, que combina tradición e innovación para facer de Zas un concello vivo, participativo e aberto á cultura e ao deporte en todas as súas formas.

Datos de contacto do departamento de Cultura e deportes do Concello de Zas

Centro Sociocultural de Zas

Responsable: Fidel Otero Pazos
Técnico de Deportes
Teléfono: 981 751 398
E-mail: fidel.otero@concellodezas.gal /  cultura.deportes@concellodezas.gal
Horario de Inverno: De luns a venres de 9:30h a 14h  e martes e xoves de 16:30h a 19:30h
Horario de Verán: De luns a venres de 9:30h a 14h

Centro Sociocultural de Baio

Responsable: Tania Carreira Rial
Técnica de Xestión Cultural
Teléfono: 981 718 056
E-mail: tania.carreira@concellodezas.gal / cultura.deportes@concellodezas.gal
Horario de Inverno: De martes a venres de 15:30h a 20:30h e sábados de 10h a 14h
Horario de Verán: De luns a venres de 9:00h a 14h

Programas realizados polo departamento de Cultura e deportes do Concello de Zas

Contacta co departamento de Cultura e deportes

Rechea o seguinte formulario de contacto e en breve contactarán contigo dende Cultura e deportes do Concello de Zas.

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, infórmase de que os datos persoais recollidos a través deste formulario serán tratados polo Concello de Zas, na súa condición de Responsable do Tratamento, coa finalidade de xestionar as consultas, solicitudes ou comunicacións remitidas a través do mesmo.

  • Lexitimación: o tratamento baséase no consentimento da persoa interesada, prestado ao cubrir e enviar o formulario.

  • Destinatarios: os datos non se comunicarán a terceiros, salvo obrigación legal.

  • Conservación: os datos conservaranse o tempo necesario para atender a solicitude e cumprir coas obrigas legais correspondentes.

  • Dereitos: as persoas interesadas poden acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos, dirixíndose por escrito ao Concello de Zas (Rúa do Concello, nº 67, 15150 Zas – A Coruña) ou ao correo electrónico: concello@concellodezas.gal, acompañando copia do seu documento de identidade.

  • Máis información: pode consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na Política de Privacidade da páxina web do Concello de Zas.

Amosar protección de datos