presentacion_equipacion_CDConcellodeZas

Presentado o equipamento do Club Deportivo Concello de Zas para a tempada 2021-2022

Actualmente o Club conta con tres equipos en competición nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín

 

O Salón de Plenos do Concello de Zas acolleu onte á tarde a presentación do equipamento que os xogadores do Club Deportivo Concello de Zas vestirán durante esta tempada 2021-2022. No acto estiveron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; o Concelleiro de Deportes, José Brenlla; e os representantes das empresas patrocinadoras que son: Autos Facal, Ansega Electricidade, Limpiezas Ruris, Asesoría Espasandín, Pizzería Tívoli e Cafetería Europa92.

Durante a presentación, o Alcalde de Zas destacou que cada vez son máis as empresas locais as que se implican co fútbol base e aproveitou a ocasión para agradecerlle este xesto. Nesta mesma liña, Muíño recordou que o Concello de Zas destina todos os anos unha partida dos seus orzamentos ao apoio das diferentes actividades deportivas que se promoven dende o noso municipio. Entre elas están as axudas directas que recibe o Club Deportivo Concello de Zas coas que se pretende facilitar o desenvolvemento desta actividade deportiva e fomentar o deporte entre os máis pequenos.

O Club Deportivo Concello de Zas naceu no ano 2016 e actualmente conta con tres equipos en competición nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín cun total de 49 licencias federativas. Emilio Corzón é o coordinador deportivo do club.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 Maio, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.