173399924_2765689120121589_5243316171108777984_n

O Concello de Zas publica as bases para a creación dunha bolsa de emprego de peón de servizos múltiples

As persoas interesadas teñen ata o 15 de outubro para presentar as súas instancias e poden ampliar información sobre o proceso a través da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas
 

 

O Concello de Zas vén de publicar as bases para a creación dunha bolsa de emprego para peón de servizos múltiples para a brigada municipal de obras e servizos. Mediante esta bolsa cubriranse de forma áxil os períodos de vacacións, baixas, permisos, licenzas e outras necesidades circunstanciais do servizo. Os/as candidatos/as seleccionaranse mediante o sistema de oposición e a modalidade do contrato será temporal e a xornada completa. 

O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 15 de outubro. En termos xeriais, os aspirantes deben ter o certificado de escolaridade ou equivalente e posuir o permiso de conducir tipo B. Os/as interesados/as poderán consultar as bases na Sede Electrónica do Concello de Zas a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210930093000213_ANEXO_1632987000-0.pdf ou se o prefiren poden ampliar información sobre o proceso a través da Axente de Emprego e Desenvolemento Local do Concello de Zas en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas (981 70 83 03).

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 Maio, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...