Vespa Velutina

O goberno municipal de Zas e as familias reúnense para abordar as medidas contra os recortes no servizo de pediatría

A reunión terá lugar este venres, ás 21:30 horas no Centro Sociocultural de Zas

O goberno municipal de Zas vén de convocar unha reunión coas familias afectadas polos recortes que sofre dende o pasado mes de xuño o servizo de pediatría dos Centros de Saúde de Zas e de Baio.

No encontro, que terá lugar este venres ás 21:30 horas no Centro Sociocultural de Zas, abordaranse as medidas a tomar despois de que o Sergas – Servizo Galego de Saúde – reducise de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría o cal se traduce nunha diminución da calidade de asistencia para centos de nenos e nenas do municipio.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, dará conta na reunión das distintas xestións realizadas na Xunta de Galicia, que é a administración competente en materia sanitaria.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.