vespas_velutinas_rainas_Zas2

Capturadas 338 raíñas na primeira fase da campaña de trampeo da vespa velutina impulsada polo Concello de Zas

A campaña continúa durante o mes de maio coa renovación das trampas nos puntos sensibles do noso municipio

 

En pouco máis dun mes e sen que as condicións climatolóxicas fosen as máis favorables, a campaña de trampeo da vespa velutina impulsada polo concello de Zas está a ser un éxito. Dende que comezou a instalación de trampas nos puntos máis sensibles do noso municipio, o pasado 18 de marzo, capturáronse un total de 338 raíñas o que supoñería outros tantos niños de vespa velutina.

As cifras dispáranse no cálculo das obreiras. Segundo sinalan os expertos,  cada niño está composto por unhas 20.000 obreiras polo que nesta primeira fase da campaña evitáronse así máis de 6.700.000 vespas asiáticas.

Os datos demostran que a expansión da praga continúa en aumento polo que, o goberno do Concello de Zas puxo en marcha un protocolo de actuación ante a pasividade da Xunta de Galicia no control desta praga que afecta a toda Galicia. 

Colocación de trampas

A campaña de trampeo continuará ao longo de todo o mes de maio coa renovación das trampas nos puntos máis sensibles do municipio. Para seguir freando esta praga é fundamental a colaboración da veciñanza animándoos a que coloquen as súas propias trampas. Para realizalas é necesaria unha botella de plástico que conteña líquido atraínte, como por exemplo zume, e cuns buratos que permitan a entrada das vespas. Os puntos máis sensibles atópanse en zonas de árbores con flor, como camelias e rododendros, e de árbores froiteiras. 

Así mesmo, os apicultores poden colaborar indicando a localización das súas colmeas por ser lugares sensibles ao ataque da velutina. Toda a información ou dúbidas sobre a praga pode aclararse a través do número de teléfono do Concello de Zas (981 70 83 03).

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.