Premiados do concurso Panxoliñazas

Vídeos de panxoliñas, cantos de aninovo e cantos de Reis.

Vistos os 4 vídeos presentados ao concurso, o xurado no día de onte, martes 27 de decembro de 2016 decidiu outorgar os premios da maneira que segue:

  • Premio ao vídeo máis popular en Facebook: PANDERETEIRAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ADRO DE BAIO: “Canto de Nadal de Anxeriz-Tordoia”, con 279 “Gústame” na rede social Facebook do Concello de Zas “Concello de Zas Actualidade Municipal”. Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.
  • Premio á mellor presentación e posta en escena: GRUPO DE PANDERETEIROS PETA-DORES “Os Reis Petadores”.Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.
  • Premio ao vídeo que conte con máis fidelidade á tradición galega: GRUPO DE BAILE CHURÍA “Permiso para cantar o Nadal”.Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.
  • Premio ao mellor vídeo infantil: GRUPO CHAMBERÍN DA ASOCIACIÓN CULTURAL ADRO “Da rosa, rosiña”.Vale de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello de Zas.

ENTREGA DE PREMIOS: O venres, 30 de decembro de 2016 ás 21:15h no Auditorio de Baio

ORGANIZA: Concello de Zas a través do Servizo de Normalización Lingüística

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Novembro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou hoxe a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha importante mostra que afonda na d...
17 Novembro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio do Concello de Zas acollerá a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha proposta cultural qu...
16 Novembro, 2026
O Concello de Zas organiza un programa especial de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da V...
14 Novembro, 2026
As obras de renovación integral da praza do Concello de Zas e das rúas da súa contorna avanzan a bo ritmo, cumprindo co obxectivo ...
6 Novembro, 2026
O histórico Pazo das Torres do Allo volverá ser este outono o epicentro da festa e da tradición na Costa da Morte. O Concello de Z...
5 Novembro, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.